|
Actualidade CIG-Comunicación-
A Consellaría regulou a xornada única mediante unha orde do ano 1993 que, para que os centros se poidan acoller á esta, estabelece, entre outros criterios, que sexa proposta polos 2/3 do Claustro e do Consello Escolar e o voto favorábel dos 2/3 do censo dos pais. A conselleira de Educación comprometeuse na Mesa Sectorial do día 29 de maio deste ano a negociar uns novos criterios máis flexíbeis para que os centros se poidan acoller á xornada única. Na Mesa Sectorial do 14 de decembro, presentou unha proposta que supón unha tomadura de pelo ao conxunto do profesorado, xa que non reduce a participación dos 2/3 do censo dos votos afirmativos para acollerse á xornada única. A CIG-Ensino está promovendo unha recollida de sinaturas para exixir a negociación duns novos criterios para implantar a xornada única que contempla: • Que se elabore unha nova orde que regule a modificación da xornada única na que tanto a xornada partida como a xornada única teñan a consideración de xornadas ordinarias e que para mudar dunha a outra se sigan os mesmos procedementos. • Que para proceder á modificación da xornada se requira a participación do 50% do censo e o voto afirmativo dos 2/3 dos participantes, entendendo un voto por unidade familiar. • Que para a ratificación do tipo de xornada se requira soamente o voto afirmativo da maioría dos membros dos órganos colexiados. • Que a implantación da xornada única non estea condicionada polo transporte escolar e que se supriman as dobraxes do transporte. • Que a Administración educativa garanta a todos os centros os servizos complementarios e as actividades extraescolares, independentemente do tipo de xornada. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/12/2007 |
||||
|