ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 26 de xaneiro de 2008

Concentración o martes 29 ás 12:00 horas no Polígono do Tambre, diante de Tragsa
Traballadores/as de Tragsega mobilízanse para denunciar a política de contratación da empresa

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Solución para os traballadores/as de Tragsega; clic para aumentar
As últimas concentracións foron o luns 21 de xaneiro diante das instalacións do Grupo Tragsa en Santiago de Compostela, no Polígono do Tambre con traballadores de A Coruña e Pontevedra.
Tragsega, 80 traballadores/as despedidos; clic para aumentar
En Lugo, cada mércores desde o primeiro do ano 2008, realízanse concentracións diante do Edificio administrativo da Xunta.
 
A empresa pública Tragsega SA, pertencente ao Grupo TRAGSA, prescinde de máis de 75 traballadores en Galiza (veterinarios e administrativos) para efectuar as Campañas de Saneamento Gandeiro do ano 2008, incumprindo o RD 5/2006 e a Lei 43/2006 que obriga a realizar contratos indefinidos ao persoal que leva traballando dende xaneiro de 2006, porque en xuño do 2008 posuiría dous o máis contratos encadeados cunha duración de 24 meses nun intervalo de 30 meses.

O pasado 30 de setembro de 2007, estes veterinarios e veterinarias deixaron de prestar servizos en Tragsega e non volverán a ser contratados ata maio do 2008 para así evitar realizarlles contratos indefinidos, ao transcorrer un intervalo superior a 6 meses sen traballar na Empresa. Estes compañeiros e compañeiras levan traballando unha media de 5 anos nas campañas de saneamento, aparte dos administrativos e auxiliares de laboratorio que levan entre 10 e 12 anos. Tragsega pertence o Grupo Empresarial Público Tragsa SA, que obtivo neste ano uns beneficios netos de 52 millóns de euros, sendo a empresa máis rendible da SEPI. Aínda así non vai contratar a este colectivo de traballadores a principios do 2008, como viña facendo de forma ininterrompida dende o ano 2002.

Os delegados e delegadas da CIG levan dende os seus comezos loitando por conseguir unha campaña de saneamento de 12 meses de duración. Por fin Medio Rural confirmou o alargamento da mesma ata 11 meses e 15 días comezando o día 2 de xaneiro de 2008. Esta noticia, en principio, era unha boa nova pois comportaría un afianzamento da estabilidade laboral, non obstante, a empresa Tragsega está utilizándoa para todo o contrario, pois lle dá xogo para realizar a campaña de saneamento anual contratando aos veterinarios e veterinarias (cunha antigüidade media de 50 meses) despois do mes de abril para burlar o RD 5/2006 de 9 de xuño e realizarlles contratos por obra e servizo en lugar de contratos indefinidos, como sería de xustiza.

Por todo isto os traballadores e traballadoras de Tragsega en Galicia comezaron a mobilizarse dando apoio ao persoal eventual que agora mesmo está sen un posto de traballo. As últimas concentracións foron o luns 21 de xaneiro en Santiago, diante das instalacións do Grupo Tragsa en Santiago de Compostela, no Polígono do Tambre (Vía Pasteur, nº 29-31) con traballadores de A Coruña e Pontevedra.

En Lugo, cada mércores desde o primeiro do ano 2008, realízanse concentracións diante do Edificio administrativo da Xunta. O luns 21 de xaneiro manifestáronse diante do Círculo das Artes de Lugo para achegarlle ao presidente da Xunta de Galicia, e ao conselleiro de Traballo unha carta asinada polo persoal eventual de Tragsega de Lugo, na que se fala da situación actual de indefensión laboral na que os deixou Tragsega. O martes 22 de xaneiro, aproveitando a visita a Lugo do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, tamén se lle informou da situación laboral destes profesionais que actualmente están en situación de desemprego.

O presidente e o vicepresidente da Xunta, e o conselleiro de Traballo, manifestaron o seu interese pola situación e dixeron que falarían tamén coa Consellaría de Medio Rural para estudar o caso.

Tamén os Colexios veterinarios están ao tanto da situación e apoian as demandas dos traballadores e traballadoras de Tragsega.

Así mesmo, os delegados sindicais da CIG comunican que continuarán coas mobilizacións ata que a Empresa deixe de burlar a lexislación laboral vixente.

A vindeira concentración terá lugar o martes 29 de xaneiro en Santiago, a partir das 12:00 horas no Polígono do Tambre, diante das instalacións do Grupo Tragsa.

 
 
Informacións relacionadas
24/01/2008 Os traballadores solicítanlle en persoa ao presidente da Xunta que medie neste conflito
Tragsega prescinde do 70% dos seus empregados en Lugo para non facelos fixos
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta