Actualidade / Opinión Volver


A Coruña, 29 de febreiro de 2008

Terrorismo de xénero
 

Mª Carme López Santamariña-

Secretaría Confederal de Muller da CIG


  25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero; clic para aumentar
Cartaz da campaña “Párao, denuncia, actúa; rematar co machismo é tarefa de homes e mulleres”.
 
O día 27 de febreiro espertábamos cun novo caso de violencia contra as mulleres, unha galega de Poio, que foi acoitelada polo seu compañeiro sentimental. O mesmo día, no Estado español, catro mulleres perdían a vida en menos de 24 horas a mans das súas parellas ou ex-parellas.

Salvo as manifestacións de repulsa da Administración e de organizacións feministas, o resto da cidadanía permanece impasíbel ante o que debemos chamar xa polo seu nome, desbotando o eufemismo de violencia doméstica, e falar dun endémico terrorismo de xénero que produce un goteo constante de vítimas.

A virulencia nas agresións contra as mulleres, as agresións contra o exercicio da súa liberdade son un problema social que pese a que require unha loita conxunta por parte de toda a sociedade, non producen o mesmo efecto ca outro tipo de mortes.

Mentres a sociedade galega agarda un debate político propio na televisión do noso país, e aínda resacosa do empache mediático que supuxo o debate entre Rajoy e Zapatero dentro do centralismo/bipartidismo español, son poucas as intervencións por parte dos diferentes líderes políticos que centran unha boa parte do seu discurso na loita contra este fenómeno, e moi poucos os partidos políticos que promovan a reflexión no marco da campaña electoral.

Non son suficientes as medidas xudiciais, policiais e sociais para protexer a muller do seu agresor masculino. Non chega coa creación dos novos xulgados especializados neste tipo de delito, sobrecargados de traballo, e carentes de recursos humanos e económicos. Non chega tampouco coa oferta de protección policial que non se pode proporcionar pola falta de policías. Non basta coas ordes de protección, porque os maridos, os noivos, os ex, en definitiva, os agresores non cumpren coa prohibición e esta infracción remata coa morte violenta da muller que solicitou a axuda pertinente.

Precísase vontade política para erradicar o terrorismo machista, un marco competencial propio para dar solución ao problema en cada un dos territorios do noso país. Precísase perseguir ao suxeito activo e pasivo, en definitiva, é necesaria unha reacción contundente por parte de toda a cidadanía.


A Coruña, 28 de febreiro de 2008.

 
 
  Mª Carme López Santamariña,
secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais da CIG.
(Máis artigos...)
  Mª Carme López Santamariña
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta