| Balance sindical / Voceiro da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas Eleccións sindicais 2002 | ||||||||||||||||||||||
| A CIG revalidará a súa maioría sindical | ||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||
Incrementarase o número de candidaturas presentadas A CIG revalidará a súa maioría sindical | ||||||||||||||||||||||
BS | ||||||||||||||||||||||
Fai vintecinco anos a clase obreira conquistou o dereito a ter representación propia no posto de traballo, un dereito conquerido tras anos de loitas e esforzo, un dereito ao que hoxe máis que nunca non podemos renunciar. Porque o mundo laboral está sometido a cambios constantes e os traballadores/as deben tomar decisións en materias que lles afectan directamente, a CIG fixo un esforzo especial en incrementar o número de candidaturas presentadas, para estar presente en cada unha das empresas e en cada un dos territorios. Enfronte temos unha patronal reforzada ano a ano por lexislacións laborais modificadas segundo as súas necesidades, e reforzada polas políticas económicas e sociais dos gobernos galego e estatal. Moitas das reformas que hoxe perxudican á clase traballadora (o abaratamento do despedimento para os novos contratos, o endurecemento dos requisitos para o cobro das pensións, etc.) foron pactadas coa colaboración do sindicalismo centralista. Neste panorama de retroceso dos dereitos laborais, as patronais de bancos (AEB) e caixas de aforro (ACARL) engadiron ao seu poder económico un maior poder político a través da participación nas diferentes privatizacións do sector público. Hoxe estas patronais son máis fortes que nunca. Pero neste tempo a CIG, primeira forza sindical no sector financeiro galego, foi o motor do movemento sindical en Galiza, cun modelo democrático reivindicativo e mobilizador, apostando pola unidade de acción para acumular forzas co fin de modificar as imposicións de Madrid. As mulleres e homes da CIG adquiriron hai catro anos un compromiso: defender os postos de traballo e as condicións laborais. Este esforzo deu froitos, o sindicalismo galego está sendo o motor do cambio, aportando solucións as arelas e reivindicacións da clase traballadora galega. A CIG defende un marco galego de relacións laborais, un espacio socioeconómico galego. O noso benestar, a nosa converxencia económica con Europa e co resto do Estado depende das nosas propias decisións. Esa arela tamén está presente nos traballadores/as de bancos e caixas, por uns convenios xustos, democráticos e participativos, por uns Convenios Galegos. | ||||||||||||||||||||||
En defensa dos postos de traballo A loita contra a precariedade laboral e contra os despedimentos inxustificados caracterizou catro anos de acción sindical | ||||||||||||||||||||||
BS | ||||||||||||||||||||||
As mobilizacións na defensa dos postos de traballo fronte a despedimentos inxustos son unha constante na acción sindical da CIG, sendo ademais unha das sinais de identidade do sindicalismo galego de clase. Sen dúbida o conflicto pola readmisión dos despedidos do Banco Pastor xa forma parte da historia do movemento sindical galego. A campaña confederal “Emprego Digno, non á Precariedade”, tivo o seu desenvolvemento tamén no sector financeiro; é de subliñar o acordo de pase a fixos dos contratados en prácticas en Caixa Galicia ou as campañas pola regularización de ETT's. | ||||||||||||||||||||||
Pola recuperación do poder adquisitivo A recuperación do poder adquisitivo perdido nos convenios colectivos estatais, unha reivindicación básica | ||||||||||||||||||||||
BS | ||||||||||||||||||||||
Neste senso, a CIG foi o único sindicato que levou a cabo campañas específicas reivindicando a revisión salarial na banca. No sector de aforro estamos inmersos nun conflicto colectivo pola equiparación salarial do persoal de nova entrada. Durante os procesos de fusión de entidades financeiras, pulamos pola homologación salarial de todo o persoal afectado. Tamén nestes 4 anos a CIG estivo presente nas negociacións para a externalización dos fondos de pensións na banca e para a súa reforma en aforro. | ||||||||||||||||||||||
O Euro falou en galego As entidades galegas estiveron á vangarda das retribucións polo esforzo da implantación do euro | ||||||||||||||||||||||
BS | ||||||||||||||||||||||
Este acerto do sindicalismo galego serviu como referente noutras negociacións no resto do Estado. Durante o período de transición á moeda única, púxose en evidencia ante a opinión pública un fenómeno especialmente grave na banca, a realización de horas extraordinarias. A loita contra a extensión ilegal da xornada laboral é outra das constantes da actuación da CIG, desenvolvendo campañas periódicas de denuncias na Inspección de Traballo e mobilizacións. En materia de xornada queda aínda moito por facer, pola libranza dos sábados na banca e dos xoves polo serán en aforro. | ||||||||||||||||||||||
Por unhas caixas públicas e galegas A CIG opúxose en solitario á emisión de cotas participativas, primeiro paso na privatización das caixas de aforro | ||||||||||||||||||||||
BS | ||||||||||||||||||||||
No ano 2000 a CIG opúxose en solitario á emisión das cotas participativas, votando na Asemblea Xeral de Caixa Galicia a favor do mantemento como entidades baixo control público e galegas. A nosa posición honesta valeunos recriminacións e acusacións de toda índole. Tamén en Caixanova a CIG manifestou a súa postura contraria a esta pretensión. Hoxe a nova “Lei Financeira” do PP, autoriza a emisión das cotas e permite por primeira vez fusións entre caixas de distintas comunidades autónomas. | ||||||||||||||||||||||
Pola igualdade de oportunidades Pulamos pola creación de Comisións pola Igualdade que velen por unha integración plena das mulleres no mundo laboral | ||||||||||||||||||||||
BS | ||||||||||||||||||||||
Así, a porcentaxe de mulleres que acceden a postos de responsabilidade media-alta está por baixo da súa integración nos cadros de persoal. As máis das veces están relegadas a traballos administrativos, ou responsabilidades ligadas a este tipo de tarefas. Para remediar esta situación pulamos pola creación a nivel de empresa de “Comisións pola Igualdade” que garantan o dereito á promoción para permitir o acceso a maiores salarios, o dereito á formación, a regulación da figura de “Acoso” (tanto moral como sexual), unha maior protección da maternidade, etc. | ||||||||||||||||||||||
Reivindicacións básicas para os vindeiros catro anos A negociación colectiva, instrumento fundamental para mellorar as condicións laborais | ||||||||||||||||||||||
BS | ||||||||||||||||||||||
| Como contribución á creación dun Marco Galego de Relacións Laborais que permita o desenvolvemento e a regulación do mercado laboral galego, a CIG vén pulando pola negociación de convenios galegos para bancos e caixas. Esta non é unha reivindicación oportunista fronte a malos convenios; é unha arela que temos que encher de contido. As nosas propostas de convenio galego non son só plataformas para presentar nos convenios de Madrid, son un compromiso que vimos mantendo tamén nas negociacións a nivel de empresa, tanto nas de ámbito estatal como nas entidades financeiras galegas. É preciso un cambio de rumbo ao continuo retroceso da negociación.
| ||||||||||||||||||||||
| Edita: Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG (Confederación Intersindical Galega). Enderezo: Rúa Gregorio Espino, 47 entrechán. 36205-Vigo (Galiza). Tel: 986 374008, 986 262689. Fax: 986 262844. e-mail: cigbancanac1@terra.es. Internet: http://www.galizacig.com. Comisión de propaganda: Pablo Carreira Leis, Clodomiro Montero Martínez, Sefi Romero Álvarez. Maquetación e deseño: CIG-Propaganda. Edición electrónica: CIG-Informática. | ||||||||||||||||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/11/2002 | ||||||||||||||||||||||