-Normalización Lingüística

GalizaCIG-

Volver a Normalización LingüísticaVolver a Actualidade
Base de datos de
convenios colectivos en lingua galega
(469)
 
Introdución
1. Convenios colectivos de sector (109)
2. Convenios colectivos de empresa (326)
3. Convenios colectivos de ámbito estatal (34)
 
 
 
Introdución
Subir
 
  Base de Convenios Colectivos
 
Nos últimos anos desde a CIG estamos a facer un novo esforzo por promover o emprego do galego na negociación colectiva, presentando a nosa alternativa con convenios redactados na lingua propia.

Dentro deste esforzo, tamén propuxemos a creación dentro do Consello Galego de Relacións Laborais dun grupo de traballo, que ten como único fin a normalización do noso idioma nas relacións laborais.

Esta base de datos de convenios colectivos en galego que damos en presentar –e que se irá actualizando de maneira periódica, a ser posible quincenalmente– vai permitir un novo paso adiante na galeguización da negociación colectiva, xa que un dos atrancos para esta galeguización ten que ver con que moitas veces nas mesas de negociación dos convenios non se dispón do texto no noso idioma.

Así mesmo, é vontade da CIG que os convenios colectivos na súa totalidade recollan unha cláusula referida a dereitos lingüísticos, que estableza o dereito dos traballadores e traballadoras a usaren a nosa lingua nos seus postos de traballo e o compromiso das empresas a introducir medidas galeguizadoras no seu seo.
 
Volver a Normalización LingüísticaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta