| A CIG mobilízase contra a Reforma Laboral |
23/06/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'24'',
espazo en disco: 34.287.561 bytes [32,6 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
A
CIG mobilízase contra a Reforma Laboral en Compostela
Delegados e delegadas da CIG de toda
Galiza trasladáronse a Compostela para participar na manifestación convocada pola central sindical
en contra da Reforma Laboral que entrará en vigor íntegra o próximo 1 de xullo. Os manifestantes
percorreron as rúas compostelás para rematar na Praza de Praterías, onde interveu o secretario
xeral da CIG, Suso Seixo. |
 |
 |
 |
| A Coruña contra a Directiva Bolkestein |
14/02/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'49'',
espazo en disco: 29.335.160 bytes [27,9 Mb]). Realización: César Caramés. |
Arredor
de 2.000 delegados e delegadas mobilízanse en A Coruña contra a Directiva Bolkestein
Arredor de 2.000 delegadas e delegados
da CIG, xunto aos que participou unha delegación da Intersindical Portuguesa CGTP-IN, percorreron as rúas
da cidade de A Coruña, desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno para manifestarse
contra as medidas neoliberais e desreguladoras que introducirá a Directiva Bolkestein se finalmente é
aprobada tal e como está concebida. |
 |
 |
 |
| Solidariedade con Domingos Solla e David Giráldez |
20/01/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'33'',
espazo en disco: 13.263.428 bytes [12,6 Mb]). |
Convocado polo BNG, contou co apoio da CIG
Numerosas
persoas no acto de solidariedade con Domingos Solla e David Giráldez
O venres 20 realizouse unha concentración
en Gondomar, convocada polo BNG e que contou co apoio da CIG, coa finalidade de amosar a solidariedade co concelleiro
desta fronte política nacionalista en Nigrán, David Giráldez, e co vocal na entidade menor
de Morgadáns, Gondomar, tamén militante do BNG, Domingos Solla. |
 |
 |
 |
| CIG e SLG en Santiago contra a OMC |
15/12/2005 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 10'12'',
espazo en disco: 27.394.692 bytes [26,1 Mb]). Realización: César Caramés. |
CIG
e SLG defenden na rúa os sectores produtivos galegos fronte ás medidas que pretende a OMC
Traballadores e labregos percorreron
as rúas de Compostela na mañá do 15 de decembro convocados pola CIG e o SLG, para manifestar
a súa oposición ás medidas neoliberais que se están a debater, esta semana, no cumio
da OMC en Hong Kong. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, e Lidia Senra, secretaria xeral do SLG, insistiron nas
importantes repercusións que terán estas negociacións para os traballadores e labregos galegos. |
 |
 |
 |
| Diálogo Social en Galiza |
05/11/2005 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'47'',
espazo en disco: 19.166.912 bytes [18,2 Mb]). Realización: César Caramés. |
Asínase
a Declaración Institucional polo Diálogo Social en Galiza
O 5 de novembro asinábase no
Hostal dos Reis Católicos de Compostela a Declaración Institucional polo Diálogo Social en
Galiza. Unha Declaración da que Suso Seixo destacou os aspectos positivos, matizando que “non serviría
de nada facer un acto destas características, creando importantes expectativas na nosa sociedade a respecto
dese problema -o emprego- se isto agora non se concreta con medidas operativas”. |
 |
 |
 |
| Xuízo a Suso Seixo |
25/10/2005 |

Descarga o vídeo. (Formato
do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'33'', espazo en disco: 20.326.792 bytes [19,3 Mb]). |
Representantes da CIG de todo o país apoiaron
ao secretario xeral no xuízo de Lugo
Suso
Seixo demanda da xustiza sensibilidade social cara a clase traballadora
Secretarios comarcais, de organización,
nacionais de federacións, membros da Executiva Confederal e militantes da CIG trasladáronse a Lugo
para manifestar o seu apoio ao secretario xeral da CIG, Suso Seixo, no xuízo por supostas inxurias e calumnias,
celebrado o 25 de outubro en Lugo. |
 |
 |
 |
| En defensa do sector pesqueiro galego |
14/10/2005 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'54'',
espazo en disco: 10.526.498 bytes [10 Mb]). |
Manifestación
en defensa do sector pesqueiro en Marín
Despois das 8 horas do serán
saía da alameda de Marín, o venres 14, unha manifestación convocada pola CIG baixo o lema
“defender a pesca é defender Galiza, NAFO solución”. A mobilización foi un éxito de
participación, aínda que as cifras dadas polos meios de comunicación non son coincidentes. |
 |
 |
 |
| Concentración de CIG-Metal diante de Formega-Vigo |
24/06/2005 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Mpeg [mpg], duración: 4'42'', espazo en disco:
25.220.108 bytes [24 Mb]). |
Concentración
de delegados/as diante de Formega
Perto de cincocentos delegados e
delegadas da Federación do Metal, así como doutros sectores da comarca de Vigo, manifestáronse
este venres, 24 de xuño. A mobilización partiu dende o que fora o Cuartel de Barreiro, en Cabral,
ate o edificio, no barrio do Sello, no que está a nave de Formega. |
 |
 |
 |
|