-Vídeos / Reportaxes gráficas / Cartaces

GalizaCIG-

Volver a VídeosVolver a Actualidade
| Actualidade | Conflitos Empresas, Negociación Colectiva | Celebracións |
| Acción Sindical | Actos, Asembleas, Congresos | Entrevistas | Internacional |
 
Actos , Asembleas, Congresos
 
IV Asemblea da CIG de Verín 27/05/2006
IV Asemblea da CIG de Verín
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 12'52'', espazo en disco: 18.297.430 bytes [17,4 Mb]).
Luís Ferreiro reelexido secretario da Unión Local
IV Asemblea da CIG de Verín
Baixo o lema “Eiquí, en Galiza!, cos traballadores/as!”, o pasado sábado, día 27 de maio, realizouse a IV Asemblea da Unión Local da CIG de Verín, comarca de Monterrei-A Lima, na que se aprobou o balanzo de xestión dos últimos catro anos e elixiuse a nova Executiva Local, saíndo reelixido secretario da Unión Local Luís Ferreiro.
IV Congreso de CIG-Servizos 18/02/2006
Paulo Rubido novo secretario nacional de CIG-Servizos
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'55'', espazo en disco: 29.201.248 bytes [27,8 Mb]).
Cun incremento anual de afiliados dun 11% convértese na máis grande dentro da CIG
Paulo Rubido, novo secretario nacional da Federación de Servizos
Paulo Rubido foi elixido secretario nacional da Federación de Servizos no seu IV Congreso, celebrado o 18 de febreiro en Compostela. A Federación marcouse como obxectivos prioritarios o combate da precariedade, a mellora da organización interna e a consolidación do medre afiliativo.
IV Congreso de CIG-Banca, Aforro, Seguros e Oficinas 04/02/2006
O IV Congreso de Banca reelixe a Clodomiro Montero
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 9'24'', espazo en disco: 29.361.683 bytes [28,0 Mb]). Realización: César Caramés.
O IV Congreso de Banca aposta por chegar aos sectores emerxentes e combater subcontratación e precariedade
Clodomiro Montero foi reelixido, o pasado 4 de febreiro, secretario nacional da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG, no seu IV Congreso, que foi celebrado en Vigo. Salienta a aposta por chegar aos sectores emerxentes e o compromiso asumido pola Federación de loitar contra a subcontratación e a precariedade.
IV Congreso de CIG-Construción e Madeira 04/02/2006
O IV Congreso da Construción reelixe a Xosé Xoán Melón
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'19'', espazo en disco: 28.845.646 bytes [27,5 Mb]).
A Federación da Construción asume a Saúde laboral como un dos piares da súa actuación
Xosé Xoán Melón González foi reelixido secretario nacional da Federación da Construción no IV Congreso celebrado o 4 de febreiro en Santiago de Compostela. Na súa intervención, Melón destacou a importancia da posta en marcha da Caixa de Resistencia, a necesidade de dar máis relevancia ao aspecto organizativo tanto interna como externamente e de incrementar a afiliación.
Ourense reelixe a Etelvino Blanco 17/12/2005
Ourense reelixe a Etelvino Blanco
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 9'07'', espazo en disco: 24.398.018 bytes [23,2 Mb]). Realización: César Caramés.
O IV Congreso da CIG de Ourense reelixe a Etelvino Blanco como secretario comarcal
Etelvino Blanco foi reelixido secretario comarcal no IV Congreso da CIG de Ourense, celebrado o 17 de novembro. Blanco incidiu na necesidade dunha acción sindical dirixida a loitar polo emprego, algo imprescindíbel para a que se ten convertido, malia a súa elevada renda percápita, na comarca cos máis altos índices de desemprego e emigración de Galiza.
Pontevedra reelixe a Rafa Iglesias 17/12/2005
Pontevedra reelixe a Rafa Iglesias
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'51'', espazo en disco: 35.448.042 bytes [33,8 Mb]). Realización: César Caramés.
Rafa Iglesias ratificado como secretario comarcal da CIG de Pontevedra
O IV Congreso da CIG de Pontevedra, celebrado o sábado 17 de decembro, reelixiu a Rafa Iglesias como secretario comarcal, con 118 votos a favor e 1 abstención. Na súa intervención de clausura, Iglesias fixou como obxectivos da central na Comarca incrementar a representación sindical e a afiliación e mellorar a coordinación para reforzar a negociación colectiva e a acción sindical.
IV Congreso de CIG-Químicas e Enerxía 03/12/2005
IV Congreso de CIG-Químicas e Enerxía
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 11'55'', espazo en disco: 32.138.870 bytes [30,6 Mb]). Realización: César Caramés.
Abelardo Landeira, novo secretario nacional da Federación de Químicas e Enerxía
Abelardo Landeira foi elixido, a man alzada e por unanimidade, como secretario nacional da Federación de Químicas e Enerxía da CIG no seu IV Congreso, celebrado en Compostela o 3 de decembro. O novo secretario nacional comprometeuse a dar continuidade ao traballo realizado pola anterior Executiva, a reforzar a estrutura organizativa, fortalecer a negociación colectiva e defender un proxecto nacional de Galiza dirixido á maioría social.
Vigo reelixe a Xerardo Abraldes 19/11/2005
Vigo reelixe a Xerardo Abraldes, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'44'', espazo en disco: 29.319.646 bytes [27,9 Mb]). Realización: César Caramés.
O incremento de afiliación, nun 33,7%, consolida a súa posición como primeira central sindical na comarca
Xerardo Abraldes reelixido secretario comarcal da CIG de Vigo
Incremento na afiliación, aumento na capacidade de mobilización, mellora na situación económica e consolidación da estrutura organizativa foron aspectos do Informe de Xestión da Executiva comarcal saínte na IV Asemblea comarcal de Vigo, que reelixiu a Xerardo Abraldes como secretario comarcal o 19 de novembro.
A Coruña reelixe a Paulo Carril 12/11/2005
A Coruña reelixe a Paulo Carril, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'57'', espazo en disco: 22.575.368 bytes [21,5 Mb]). Realización: César Caramés.
Paulo Carril reelixido secretario comarcal na IV Asemblea da Unión Comarcal de A Coruña
Paulo Carril foi reelixido como secretario da Unión Comarcal da CIG de A Coruña o pasado sábado día 12 de novembro. O 96,11% dos delegados e delegadas asistentes á IV Asemblea apoiaron a súa candidatura e deron o respaldo unánime ao Informe de Xestión presentado pola Executiva Comarcal saínte.
Compostela reelixe a Anxo Noceda por unanimidade 12/11/2005
Compostela reelixe a Anxo Noceda por unanimidade, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'06'', espazo en disco: 25.863.408 bytes [24,6 Mb]). Realización: César Caramés.
Agarda que o novo Goberno reforme o actual marco xurídico e recoñeza a Galiza como nación
Anxo Noceda reelixido secretario comarcal por unanimidade na III Asemblea da CIG de Compostela
A Unión Comarcal da CIG de Compostela celebrou, o sábado día 12 de novembro, a súa III Asemblea, na que se renovaron os organismos de dirección e na que se reelixiu a Anxo Noceda como secretario comarcal.
A CIG de Lugo reelixe a Xosé Ferreiro como secretario comarcal 04/11/2005
CIG-Lugo reelixe a Xosé Ferreiro secretario comarcal, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'25'', espazo en disco: 16.582.774 bytes [15,8 Mb]). Realización: César Caramés.
Congresos comarcais
A CIG de Lugo renova os seus organismos de dirección e reelixe a Xosé Ferreiro como secretario comarcal
O venres 4 de novembro celebrábase en Lugo a Asemblea Comarcal pola que se renovaban os organismos de dirección da CIG. Para a Secretaría Comarcal presentábanse dúas candidaturas, a de Xosé Ferreiro, que obtivo 119 votos que o confirmaron como secretario comarcal reelecto, e a de Francisco Villanueva, que recibiu 70 votos.
Nace a FGAMT 11/12/2004
Clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'40'', espazo en disco: 9.970.288 bytes [9,5 Mb]).
Nace a FGAMT coa pretensión de reforzar o traballo sindical e a incidencia social da CIG a todos os niveis
O pasado sábado, día 11 de decembro, celebrábase en Vigo o Congreso da unificación das Federacións de ‘Alimentación e Textil’, ‘Mar’, e ‘Transporte e Telecomunicacións’ na que, en diante, será a FGAMT (Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Telecomunicacións e Textil).
 
Volver a VídeosVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/02/2007
cig.informática


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta