-Vídeos / Reportaxes gráficas / Cartaces

GalizaCIG-

Volver a VídeosVolver a Actualidade
| Actualidade | Conflitos Empresas, Negociación Colectiva | Celebracións |
| Acción Sindical | Actos, Asembleas, Congresos | Entrevistas | Internacional |
 
Celebracións
 
A CIG mobiliza 15.000 persoas no Primeiro de Maio 01/05/2006
Día do Internacionalismo Proletario
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 11'41'', espazo en disco: 30.086.872 bytes [28,6 Mb]). Realización: César Caramés.
Actos reivindicativos e xantares populares no Primeiro de Maio
Un ano máis a CIG celebrou polas rúas galegas o Primeiro de Maio con actos reivindicativos en todas as cidades, en Lourenzá, Boiro e Vilagarcía. As manifestacións deron paso a celebracións cun carácter máis lúdico: xantares e concertos en Vigo, Lugo, A Mariña, Santiago e Ferrol.

A CIG mobiliza arredor de 15.000 persoas no Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario
Día da Clase Obreira Galega 10/03/2006
Día da Clase Obreira Galega, por un convenio xusto
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 11'05'', espazo en disco: 28.758.892 bytes [27,4 Mb]).
Ferrol acolle os actos centrais da CIG no Día da Clase Traballadora Galega
Malia terse celebrado mobilizacións en todas as comarcas do país, os actos centrais do Día da Clase Traballadora Galega desenvolvéronse, desde primeira hora da mañá, en Ferrol.

10 de Marzo: manifestación en Vigo e concentracións en todas as comarcas
A CIG reclama a contundente actuación da Fiscalía para frear a sinistralidade
Celebración do Banquete de Conxo 02/03/2006
Celebración Banquete de Conxo, por un convenio xusto
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 11'35'', espazo en disco: 29.613.204 bytes [28,2 Mb]).
A celebración do 150 aniversario do Banquete de Conxo foi considerada un rotundo éxito por CIG e CAF
Nun ambiente cordial e distendido celebraron as máis de 150 persoas asistentes o 150 aniversario do Banquete de Conxo. Un acto que comezou cun xantar e rematou coas intervencións do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, de Iria Aboi, en representación dos CAF e de Suso Seixo, secretario xeral da CIG.
Nunca Máis - III Aniversario do Prestige 13/11/2005
III Aniversario do Prestige, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'35'', espazo en disco: 18.646.840 bytes [17,7 Mb]). Realización: César Caramés.
Miles de paraugas en Compostela con “Nunca Máis”
Os paraugas volveron saír á rúa por miles. Case tantos como o número de manifestantes -máis de 10.000- que percorreron as rúas compostelanas este 13 de novembro para lembrar que “Nunca Máis” se pode repetir un Prestige, que “Nunca Máis” se pode repetir a incompetencia e que “Nunca Máis” poden estar as costas galegas indefensas diante dos miles de buques que pasan por diante do corredor da Costa da Morte.
En defensa das liberdades socio-laborais 10/03/2005
Clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 8'51'', espazo en disco: 9.751.764 bytes [9,29 Mb]).
10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega
En defensa das liberdades socio-laborais
Máis de 3.000 persoas participaron nos actos convocados pola CIG en Pontevedra e Ferrol, con motivo do Día da Clase Obreira Galega. Os/as manifestantes ademais de denunciar o pacto CCOO-UGT-patronal, mostraron a súa solidariedade co Comité de Empresa de Ence, cos catro dirixentes sindicais xulgados pola folga de La Unión e coa crítica situación da comarca de Ferrolterra.
30 anos de sindicalismo nacionalista no Ensino 11/12/2004
Clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'21'', espazo en disco: 10.842.350 bytes [10,3 Mb]).
A CIG conmemora os 30 anos de sindicalismo nacionalista no Ensino
A CIG-Ensino conmemora o nacemento, hai 30 anos, do sindicalismo nacionalista no Ensino. Entre os actos previstos, celebrouse un xantar ao que asistiron máis de 200 persoas. No acto interverviron o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.
Compostela, Nunca Máis mantén prendida a chama da dignidade 13/11/2004
Clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'55'', espazo en disco: 10.347.180 bytes [9,86 Mb]).
50.000 persoas tomaron as rúas de Compostela o 13-N
Nunca Máis mantén prendida a chama da dignidade
Organizacións sociais, políticas e sindicais e moreas de galegos e galegas anónimos acudiron á chamada de Nunca Máis o 13-N, Día da Dignidade, convertindo Compostela, unha vez máis, nun fervideiro de xente.
 
Volver a VídeosVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/02/2007
cig.informática


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta