| A Dirección de Povisa négase a negociar
o convenio |
19/06/2006 |

Descarga o vídeo. (Formato
do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'12'', espazo en disco: 28.670.422 bytes [27,3 Mb]).
Realización: Roi
Ribeira. |
A Asemblea de traballadores/as aproba convocar
Folga indefinida a partir do martes 27 de xuño
Consuelo
Martínez, membro do Comité de Empresa: “A Dirección de Povisa négase a negociar o convenio”
Consuelo Martínez, secretaria
confederal de Organización da CIG e membro do Comité de Empresa de Povisa, explica a situación
na que se atopa o proceso de negociación do convenio colectivo e o posicionamento das distintas centrais
sindicais ao respecto. |
 |
 |
 |
| Folga en Einsa Print (As Pontes) |
16/06/2006 |

Descarga o
vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'15'',
espazo en disco: 29.007.102 bytes [27,6 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
Folga
de 48 horas en Einsa Print en demanda do calendario laboral
O 100% dos traballadores/as de taller
de Einsa Print SA e Edicións Informatizadas SA, empresas que conforman o mesmo grupo e que desenvolven a
súa actividade en As Pontes, sumáronse á folga de 48 horas convocada en demanda do calendario
laboral os días 15 e 16 de xuño. Os traballadores/as queren que se cumpra a lexislación en
temas como descansos ou quendas. |
 |
 |
 |
| Mobilizacións en Caixa Galicia contra a
presión laboral |
08/06/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'21'',
espazo en disco: 27.470.470 bytes [26,1 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
Contra a presión laboral da Dirección
aos traballadores/as e a reclasificación dos administrativos en comerciais
A Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia inicia un proceso de mobilizacións
O xoves 8 de xuño, a CIG
iniciou un proceso de mobilizacións en Caixa Galicia contra a presión laboral desatada pola Dirección
da entidade contra os traballadores/as e a tentativa de reclasificación de todo o persoal administrativo
en comerciais |
 |
 |
 |
| Despido no Callcenter de Ourense |
24/05/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'57'',
espazo en disco: 28.615.354 bytes [27,2 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
Máis de 150 delegados/as de toda Galiza
concentráronse diante da sede do Grupo Netaccede
CIG
Banca manifestouse en Vigo pola readmisión do despedido do Callcenter de Ourense
Namentres CCOO e UGT pactan en Madrid
o abaratamento do despido, a CIG mobilizouse unha vez mais na rúa contra un despido inxusto. Desta volta
a manifestación de apoio ao compañeiro despedido do Callcenter de Ourense tivo lugar en Vigo. |
 |
 |
 |
| Conflito Banco Gallego |
29/03/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'21'',
espazo en disco: 28.486.836 bytes [27,1 Mb]). |
CIG
e UGT denuncian a conflitividade laboral no Banco Gallego e a negativa da Dirección a negociar
Carga de traballo excesiva, exixencias
desmesuradas de resultados, duplicidade de funcións, perda de avantaxes sociais, perda de pluses ou ameazas
de traslados. Así retrataron representantes da CIG e UGT a situación laboral que están a padecer
os traballadores do Banco Gallego, na rolda de prensa convocada o pasado 29 de marzo. |
 |
 |
 |
| Sector Ambulancias, por un convenio xusto |
27/02/2006 |

Descarga o
vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'09'',
espazo en disco: 28.839.066 bytes [27,5 Mb]). |
O
secretario xeral da CIG solicita que Sanidade e Traballo interveñan no conflito das ambulancias
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo,
vén de remitir dúas cartas aos conselleiros de Sanidade, María José Rubio Vidal, e
de Traballo, Ricardo Varela Sánchez, para manifestar a preocupación da CIG polo conflito das ambulancias
e para que desde ambas Consellarías se fagan as xestións necesarias para a súa pronta solución. |
 |
 |
 |
| Concentración Xunta Accionistas Banco Gallego |
31/03/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'24'',
espazo en disco: 28.462.488 bytes [27,1 Mb]). Realización: Roi Ribeira. |
Para denunciar a excesiva presión comercial
e a extensión da xornada laboral
Representantes sindicais da CIG e UGT concentráronse diante da Xunta Xeral de Accionistas do Banco Gallego
Cumprindo co mandato que lle dera
a Asemblea nacional de traballadores e traballadoras do Banco Gallego, máis dun cento de representantes
sindicais da CIG e UGT concentráronse o 31 de marzo diante da Xunta Xeral de Accionistas desta Entidade,
que se celebrou en Compostela |
 |
 |
 |
| Conflito Banco Gallego |
29/03/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'21'',
espazo en disco: 28.486.836 bytes [27,1 Mb]). |
CIG
e UGT denuncian a conflitividade laboral no Banco Gallego e a negativa da Dirección a negociar
Carga de traballo excesiva, exixencias
desmesuradas de resultados, duplicidade de funcións, perda de avantaxes sociais, perda de pluses ou ameazas
de traslados. Así retrataron representantes da CIG e UGT a situación laboral que están a padecer
os traballadores do Banco Gallego, na rolda de prensa convocada o pasado 29 de marzo. |
 |
 |
 |
| Sector Ambulancias, por un convenio xusto |
27/02/2006 |

Descarga o
vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'09'',
espazo en disco: 28.839.066 bytes [27,5 Mb]). |
O
secretario xeral da CIG solicita que Sanidade e Traballo interveñan no conflito das ambulancias
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo,
vén de remitir dúas cartas aos conselleiros de Sanidade, María José Rubio Vidal, e
de Traballo, Ricardo Varela Sánchez, para manifestar a preocupación da CIG polo conflito das ambulancias
e para que desde ambas Consellarías se fagan as xestións necesarias para a súa pronta solución. |
 |
 |
 |
| Mobilización servizo limpeza USC |
26/01/2006 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'18'',
espazo en disco: 27.070.452 bytes [25,8 Mb]). |
Concentración o xoves 26 en demanda da aplicación
dos acordos de equiparación salarial
Mobilizacións do servizo de limpeza da Universidade de Santiago
As traballadoras do servizo de limpeza
da Universidade de Santiago veñen mobilizándose nas últimas semanas para demandar o cumprimento
dos acordos de equiparación ao persoal laboral desta institución, acadados en 2001. Este xoves, día
26 de xaneiro está prevista unha concentración na Praza do Obradoiro. |
 |
 |
 |
| Solucións para os interinos, rolda de prensa
de CIG-Ensino |
23/01/2006 |

Descarga o vídeo. (Formato
do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'31'', espazo en disco: 17.958.408 bytes [17,1 Mb]).
Realización: César
Caramés. |
CIG-Ensino
agarda solucións para os interinos nas negociacións coa Consellaría de Educación
Anxo Louzao, secretario nacional de
CIG-Ensino, e Xepe Torres, membro da súa Executiva, expoñían a precaria situación na
que se atopan máis de 5.000 profesores (2.685 interinos e 2.375 substitutos) de Ensino non universitario,
nunha rolda de prensa o 23 de xaneiro. Louzao demandou da Consellaría de Educación solucións
para este colectivo, que representa un 16% do total. |
 |
 |
 |
| Folga Ambulancias, manifestación en Vigo |
20/01/2006 |

Descarga o
vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'14'',
espazo en disco: 18.943.286 bytes [18,0 Mb]). |
Éxito
da manifestación en Vigo pola negociación do Convenio Galego de Ambulancias
Como remate aos tres días de
folga convocados no sector de Ambulancias polas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, para presionar
nas negociacións do Convenio Galego de Ambulancias, 350 traballadores e traballadoras vindos de toda Galiza
participaron o venres 20 nunha manifestación en Vigo. |
 |
 |
 |
| Concentración en Correos tras 16 días
de peche |
29/11/2005 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'42'',
espazo en disco: 24.447.284 bytes [23,3 Mb]). Realización: César Caramés. |
Levántase o peche na Oficina Principal de
Correos de Santiago
Rematan
os dous días de folga de carteiros rurais pero non as mobilizacións
Un 80% dos carteiros rurais secundaron
a folga convocada pola CIG, os días 28 e 29 de novembro, en demanda de melloras nas súas condicións
sociolaborais. Na segunda xornada de folga, os carteiros sumáronse á concentración que tivo
lugar diante da Oficina Principal de Compostela. Unha concentración coa que se poñía fin a
16 días de peche. |
 |
 |
 |
| Peche de delegados/as en Correos |
14/11/2005 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'14'',
espazo en disco: 16.502.724 bytes [15,7 Mb]). Realización: César Caramés. |
Peche
de delegados/as de Correos da CIG na Oficina Principal de Santiago
Diante da falta de resposta da Dirección
de Correos ás demandas dos carteiros rurais, delegados da CIG de diferentes puntos de Galiza comezaron un
peche, na mañá do luns 14 de novembro, á espera de que sexan atendidas as súas reclamacións. |
 |
 |
 |
| Peche do Comité de Folga de Arriva na DX
de Transportes |
14/10/2005 |

Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'02'',
espazo en disco: 10.550.370 bytes [10 Mb]). |
O
Comité de Folga de Arriva péchase na Dirección Xeral de Transportes
Ingresa en urxencias un dos traballadores
en folga de fame con problemas cardíacos por falta de potasio
O Comité de folga de ARRIVA,
composto por 20 traballadores, ocupou o venres 14 de outubro as oficinas da Dirección Xeral de Transportes
para presionar á Administración pública para que acceda a mediar no conflito e obrigue a empresa
a negociar. |
 |
 |
 |
|